mércores, 17 de abril de 2024

PROGRAMA SOBRE A FESTA DO MARISCO

 


O alumnado de 1º de Educación Primaria gravaron un episodio para o Programa de radio 50 Anos de Historia sobre o que saben sobre a Festa do Marisco, temática escollida dentro do PDI deste curso. Preme aquí para escoitar o programa.

NOVO EPISODIO PARA O PROGRAMA DE RADIO

 


Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil acudiron ao estudio de radio da biblioteca para contarnos o que sabían sobre o escritor que da nome ao noso colexio: Valle Inclán. Actividade da primeira fase do PDI que foi gravada en varias sesións ó longo do primeiro e segundo trimestre. Preme aquí para escoitar o audio. Recorda esperar uns segundos despois de darlle a reproducir. En canto remate a publicidade escoitaredes a estes simpáticos locutores de radio.


martes, 16 de abril de 2024

VISITA E ENTREVISTA A ÁNGELES BESADA

 

Galería de fotos

Alumnado de 6º de Educación Primaria reciben unha nova visita. Nesta ocasión invitamos a unha das primeiras alumnas que inauguraron o colexio no seu inicio no curso 1973-1974. Ela é Ángeles Besada e acudiu á nosa chamada sen dubidalo. Trouxo fotos antigas e deixounos unha chea de información para a investigación que están a realizar os nenos e nenas do Equipo de Biblioteca Creativa para o Proxecto Documental Integrado 50 Anos de historia. Despois do percorrido por todo o centro, realizou a súa primeira entrevista na nosa radio escolar. Preme aquí 🔘 para escoitala.
Grazas por tanto, Ángeles!

Vídeo dos momentos da visita





luns, 15 de abril de 2024

COLLAGE DE VALLE INCLÁN

 


O alumnado de 5º de Educación Infantil realizou collages sobre Valle Inclán, autor que lle da nome ao noso centro. Trala investigación dentro do PDI 50 Anos de Historia sobre a súa vida e despois de atopar diferentes retratos que temos del no noso centro aproveitaron diferentes materiais de regugallo para crear collage sobre o retrato do escritor.

xoves, 11 de abril de 2024

VISITA E ENTREVISTA NA RADIO A CONCHA E TERESA

 


No mes de marzo, o Equipo de Biblioteca Creativa de 6º de Educación Primaria invitou a dúas persoas moi importantes na historia do noso centro: as mulleres dos primeiros conserxes: Teresa e Concha. Teresa tiña un quiosco na entrada do colexio onde moitos nenos e nenas ían a mercar chuches e bocatas no tempo de lecer e Concha viviu moitos anos na propia casa do Conserxe sita no interior do recinto escolar. Primeiro o alumnado de 6º levounas por todo o colexio para que foran contando os cambios que atopaban e finalmente lles ensinaron todos os recunchos da biblioteca para facerlles unha entrevista na radio. Preme aquí para escoitala. 📻
Recorda esperar uns segundos despois de darlle a reproducir.

Vídeo resumo da visita

luns, 4 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

 Seguindo o calendario escolar, celébrase do día 4 ao día 8 de marzo a Semana da Prensa. O Equipo de Biblioteca preparou un mural na entrada á biblio coas noticias que saíron na prensa ao longo destes 50 anos de historia para que todas as aulas poidan pasar a ler as noticias.

Preme na imaxe para ver as noticias

Para saber máis sobre esta conmemoración podedes consultar a pestana do blog da biblio SEMANA DA PRENSA. onde tedes recursos e actividades de cursos anteriores.


xoves, 29 de febreiro de 2024

ENTROIDO

 

Galería de fotos e vídeos

Celebramos o noso Entroido "50 Anos de historia" o xoves 15 de Febreiro que por motivos da mala climatoloxía fora aplazado.

Comezamos a mañá coa realización do Fotocol no mural elaborado polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. 

Posteriormente realizamos o Desfile de todos os cursos no interior do ximnasio. 

Finalmente o alumnado de Educación Infantil realizou as súas actuación musicais e os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria interpretaron as coplas que inventaron para este evento.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos e vídeos do desfile e das actuacións.