xoves, 28 de setembro de 2023

BUSCA E SELECCIÓN DE FONTES DE INFORMACIÓN

 


O Equipo de Biblioteca coa colaboración dos axudantes de 5º e 6º comezaron a buscar e seleccionar os fondos bibliográficos preparando un expositor na entrada principal da biblioteca. Tamén buscamos nas redes sociais fotografías e información sobre a historia do colexio que deixamos neste enlace: Albúm PDI e creamos un Boletín en Koha adicado ao Proxecto que tamén podedes consultar en calquera momento.

martes, 26 de setembro de 2023

SOMOS NOTICIA NA PRENSA


A Voz de Galicia non se perdeu o primeiro día lectivo do noso colexio sabedores do 50 Aniversario acudiron para facer a reportaxe dun día moi moi especial.

Podedes ver as publicacións da prensa nos seguintes enlaces:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/o-grove/2023/09/12/valle-inclan-grove-celebra-50-aniversario-ritmo-boogie-boogie/0003_202309A12C2993.htm

https://www.lavozdegalicia.es/album/arousa/o-grove/2023/09/11/regreso-anos-70-vuelta-cole-colegio-valle-inclan/01101694438720962126730.htm



REGRESO A 1973



 Comezamos este curso 2023-2024 celebrando os 50 anos do noso centro. A temática do Proxecto Documental Integrado deste ano será precisamente os 50 anos de historia do Ceip Valle Inclán de O Grove. Para iso pedimos a colaboración das familias para que xa o primeiro día lectivo acudiran ao cole vestidos coas prendas típicas dos anos 70 e ademáis conseguimos que trouxeran ao noso aparcadoiro vehículos clásicos da época. Na entrada, moitas familias ofrecéronse para facer foto de recordo. Premendo na imaxe podedes ver todas as fotos.