mércores, 22 de novembro de 2023

PROGRAMA DE RADIO DO PROXECTO

Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.

O alumnado de 2º de Educación Primaria creou un novo programa de radio neste curso 2023-2024 na nosa canle de RADIO V.I. para falar sobre o proxecto 50 ANOS DE HISTORIA.

Deixamos aquí os enlaces aos dous primeiros episodios:



Recorda que os audios comezarán despois dun segundos de publicidade.

mércores, 8 de novembro de 2023

XORNADA PORTAS ABERTAS 2023: PRESENTACIÓN DO PROXECTO

 


O día 7 de Novembro celebramos o Día das Bibliotecas cun pouco de retraso debido á folga que se convocou o pasado 24 de Outubro.

Nesta xornada de Portas Abertas acudiron 63 familias e participaron nas diferentes probas que o Equipo de mestres ao completo lles tiñamos preparadas.

Comezamos cunha breve presentación por parte do director do Proxecto e da historia do inicio do noso centro hai 50 anos. Logo a coordinadora da biblioteca explicou as 12 probas da xincana relacionadas con actividades, xogos, vocabulario, celebracións... daquela época. Repartimos os pasaportes, un por familia para selar cada vez que superaban unha proba e empezamos a disfrutar dos recursos e das salas que temos na nosa biblioteca LIA.3.

Ao rematar, xuntámonos de novo na sala dos contos para despedirnos e agradecer a colaboración e participación activa das familias nesta xornada entregándolles a todos unha pegatina co logo deste proxecto.

Enlace á explicación das doce probas.

Enlace ás tarxetas da proba de radio escolar.

Enlace á Galería de fotos.

Vídeo elaborado polo director coas fotos que nos facilitaron as familias e membros de Crónicas Mecas (rede social en Facebook) e que se proxectou na sala de cine.


Enlaces ás gravacións do Xogo-Reto no estudio de radio coas familias:






SAMAÍN EN 6º INFANTIL

 





Na clase de 5 anos (6º Ed. Infantil) celebraron o 50 aniversario do cole preparando unhas fotos terroríficas empregando o Croma da biblioteca. A que parecen sacadas dun vello álbum do cole?

luns, 6 de novembro de 2023

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 4º ED. PRIMARIA?

 


En 4º de Educación Primaria xa realizaron a asamblea da primeira fase do proxecto sobre:
Que sabemos e que queremos saber da historia do colexio?
Preme na imaxe para ver o documento completo.

sábado, 4 de novembro de 2023

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA BIBLIOTECA

 O Equipo de Biblioteca organiza todos os anos unha Xornada de Portas Abertas para presentar o Proxecto Documental Integrado coincidindo na Semana da celebración do Día das BibliotecasEste ano estaba prevista que fora o mesmo día 24 de Outubro, pero debido á convocatoria de folga que houbo, o Claustro decidiu aplazar esta xornada para o próximo martes día 7 de Novembro ás 16:30 h.

Todas as familias estades invitadas a participar. As actuacións previstas son:

1. Presentación do PDI e explicación das probas da xincana.

2. Xincana nos diferentes espazos da biblioteca relacionados co PDI.

3. Despedida e agradecementos.

Precisamos que fagades a inscrición previa a través da circular informativa que levaron os nenos e nenas para casa.

APÚNTATE CON TODA A FAMILIA PORQUE PASAREDES UNHA TARDE INOLVIDABLE!