mércores, 17 de abril de 2024
PROGRAMA SOBRE A FESTA DO MARISCO
NOVO EPISODIO PARA O PROGRAMA DE RADIO
Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil acudiron ao estudio de radio da biblioteca para contarnos o que sabían sobre o escritor que da nome ao noso colexio: Valle Inclán. Actividade da primeira fase do PDI que foi gravada en varias sesións ó longo do primeiro e segundo trimestre. Preme aquí para escoitar o audio. Recorda esperar uns segundos despois de darlle a reproducir. En canto remate a publicidade escoitaredes a estes simpáticos locutores de radio.
martes, 16 de abril de 2024
VISITA E ENTREVISTA A ÁNGELES BESADA
luns, 15 de abril de 2024
COLLAGE DE VALLE INCLÁN
xoves, 11 de abril de 2024
VISITA E ENTREVISTA NA RADIO A CONCHA E TERESA
luns, 4 de marzo de 2024
SEMANA DA PRENSA
Seguindo o calendario escolar, celébrase do día 4 ao día 8 de marzo a Semana da Prensa. O Equipo de Biblioteca preparou un mural na entrada á biblio coas noticias que saíron na prensa ao longo destes 50 anos de historia para que todas as aulas poidan pasar a ler as noticias.
xoves, 29 de febreiro de 2024
ENTROIDO
Celebramos o noso Entroido "50 Anos de historia" o xoves 15 de Febreiro que por motivos da mala climatoloxía fora aplazado.
Comezamos a mañá coa realización do Fotocol no mural elaborado polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.
Posteriormente realizamos o Desfile de todos os cursos no interior do ximnasio.
Finalmente o alumnado de Educación Infantil realizou as súas actuación musicais e os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria interpretaron as coplas que inventaron para este evento.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos e vídeos do desfile e das actuacións.