martes, 23 de xaneiro de 2024

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 6º INFANTIL SOBRE VALLE INCLÁN?

 Na clase de 6º de Educación Infantil apareceu unha misteriosa foto que espertou a curiosidade do alumnado, pois algúns xa tiñan visto esa mesma imaxe nas paredes do colexio. Quen será ese personaxe?

Como os nenos e as nenas non sabían quen era nin como se chama, decidiron que sería unha boa oportunidade para poñerse a investigar e para iso, nada mellor que facer unha xuntanza para esposnder ás preguntas Que sabemos e que queremos saber?

Unha vez recollidas as primeiras ideas, decidiron preguntar aos mestres do cole se sabían quen é a persoa da fotografía.  E descubriron que se trata de Valle Inclán, o escritor que dá nome ao noso cole!





luns, 22 de xaneiro de 2024

QUE SABEMOS EN 2º SOBRE OS XOGOS POPULARES?

 O alumnado de 2º Ed. Primaria realizou a 1ª fase do PDI no estudio de radio coa colaboración do Equipo de Biblioteca nas súas sesións semanais. Descubrimos o que saben ou  o que cren saber sobre os Xogos Populares nestes simpáticos episodios do Programa especial adicado ao PDI 50 ANOS DE HISTORIA.

Preme nas imaxes para escoitar os audios de ambos cursos: 


Episodio de 2º A                                  Episodio de 2ºB 


mércores, 17 de xaneiro de 2024

XOGOS DE MESA ANOS 70 - 80

 


O alumnado de 5º de Educación Primaria realizou unha sesión de xogos de mesa dos anos 70-80. En grupos de 3 ou 4 persoas pasaron polos distintos xogos: Parchís, Oca, Trababolas e Diseña la moda. Os tres primeiros xogos moi coñecidos porque aínda eles xogan a estes xogos; sen embargo, o xogo creativo de "Diseña la moda" foi unha novidade para moitos e como curiosidade algúns nenos preguntábanse porque os debuxos da roda eran só chicas... Deu para reflexionar e comparar sobre o xénero nos xogos de onte e de agora... 

xoves, 11 de xaneiro de 2024

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 4º INFANTIL?



QUE SABE O ALUMNADO DE 4ºEI SOBRE VALLE INCLÁN?

A primeira toma de contacto co escritor foi na asamblea a través do colexio cunha imaxe súa

onde, cada día, o encargado ou encargada coloca ós compañeiros e compañeiras que asistiron.

Aquí descubrimos que o noso colexio chámase CEIP Valle Inclán, e puxémoslle cara a través

dunha fotografía.

Días despois observamos máis imaxes de Valle Inclán e fixemos unha choiva de ideas:



Construímos un puzzle do autor:






E plasmamos todo o que sabíamos sobre el:




QUE QUEREMOS SABER?
Unha vez familiarizados con Valle Inclán, imos indagar un pouco máis sobre el.



QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 3º PRIMARIA?

 


En 3º de Educación Primaria escolleron a temática da pesca e a sostenibilidade. Por iso crearon un esquema: ordenando conceptos, traballando de forma práctica o concepto de sostenibilidade, producindo etiquetas dos conceptos aprendidos para a elaboración do esquema. Preme na imaxe para ver todo o proceso.

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 5º ED. INFANTIL?

 


En Educación Infantil están a investigar por que o noso cole chámase Valle-Inclán. Estas foron algunhas das preguntas que se fixeron os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil. 
Preme na imaxe para ver como traballaron na elaboración do mural. 

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER DA EVOLUCIÓN DO MATERIAL DIDÁCTICO?

 O alumnado de 6º de Educación Primaria realizou na área de Lingua Inglesa a posta en común nun mapa de ideas do que coñecían do tema a investigar e do que pretendían saber cando o remataran.

Logo houbo unha choiva de ideas de como poderían enfocalo. Posteriormente analizaron as posibilidades de investigación.

Finalmente distribuíron os apartados do proxecto entre 6 grupos de aula.

Preme na imaxe para ver o primeiro esbozo desta 1ª fase do proxecto