xoves, 29 de febreiro de 2024

ENTROIDO

 

Galería de fotos e vídeos

Celebramos o noso Entroido "50 Anos de historia" o xoves 15 de Febreiro que por motivos da mala climatoloxía fora aplazado.

Comezamos a mañá coa realización do Fotocol no mural elaborado polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. 

Posteriormente realizamos o Desfile de todos os cursos no interior do ximnasio. 

Finalmente o alumnado de Educación Infantil realizou as súas actuación musicais e os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria interpretaron as coplas que inventaron para este evento.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos e vídeos do desfile e das actuacións.

mércores, 28 de febreiro de 2024

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 5º PRIMARIA?

 


Aquí temos o resultado das asambleas iniciais dos grupos de 5º de Educación Primaria do que saben e queren saber sobre o turismo en O Grove nestes últimos 50 anos, parte escollida para a súa colaboración no Proxecto Documental Integrado. Aproveitarán para traballar as matemáticas elaborando estadísticas coa información atopada, as linguas na redacción dos informes e ciencias sociais ao investigar datos do noso Concello. Ánimo rapaces e rapazas, tedes un bonito proxecto en marcha.

luns, 12 de febreiro de 2024

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 6º PRIMARIA?

 O grupo de 6º de Educación Primaria escolleron a temática da Arte para investigar neste PDI.

No mes de Decembro, na primeira fase do proxecto, fixeron unha dinámica cooperativa para a chuvia de ideas sobre os seus coñecementos previos: primeiro escribiron o que saben de forma individual, logo compartiron as ideas por parellas, logo en equipos de 4 ou 5 persoas para finalmente compartir todas en gran grupo.

Como resultado elaboraron este documento sobre Que sabemos e que queremos saber sobre a Arte en O Grove. Preme na imaxe para acceder ao mesmo. 



xoves, 8 de febreiro de 2024

QUE SABEMOS DA FESTA DO MARISCO EN 1º PRIMARIA?

 O alumnado de 1º de Primaria elexiron a Festa do Marisco de O Grove para o libro colaborativo do PDI 50 Anos de historia. Para a primeira fase do proxecto realizaron un mural no que participaron todos, uns debuxando e outros escribindo o resultado das asambleas sobre Que sabemos da Festa do marisco?





mércores, 7 de febreiro de 2024

KARAOKE ANOS 70 NA RADIO ESCOLAR


 

O alumnado de 6º de Educación Primaria estivo investigando sobre a música e as cancións dos Anos 70 e por equipos escolleron 4 cancións para cantar na radio escolar no Programa Musical de RADIO V.I.
Se premes na imaxe poderás ver o proceso de investigación, selección, transcrición das letras das cancións, ensaios e gravacións.
Deixamos a continuación os enlaces aos audios publicados finalmente na nosa canle de Radio.