martes, 26 de setembro de 2023

REGRESO A 1973



 Comezamos este curso 2023-2024 celebrando os 50 anos do noso centro. A temática do Proxecto Documental Integrado deste ano será precisamente os 50 anos de historia do Ceip Valle Inclán de O Grove. Para iso pedimos a colaboración das familias para que xa o primeiro día lectivo acudiran ao cole vestidos coas prendas típicas dos anos 70 e ademáis conseguimos que trouxeran ao noso aparcadoiro vehículos clásicos da época. Na entrada, moitas familias ofrecéronse para facer foto de recordo. Premendo na imaxe podedes ver todas as fotos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario